Saturday 20 de April de 2024

Clausura cursos de natación de Carral


Esta semana clausuráronse os cursos de natación que organizou o Concello de Carral durante o mes de agosto.

En total, foron máis dunha vintena os nenos e nenas rexistrados, de todas as idades, desde os 5 ata os 13 anos. Para previr posibles contagios, dividíronse en tres grupos co obxecto de conseguir os cocientes monitor/alumnos máis reducidos posible e evitar así a aglomeración de xente, permitindo manter as distancias de seguridade establecidas pola normativa sanitaria.

No acto de clausura, ao que asistiu o concelleiro de Deportes, Fran Belo, entregóuselles a cada alumno unha medalla conmemorativa e un diploma.